Igrexa de Santa María de SoutulloVoltar a listaxe de Patrimonio
.jpg)
O Igrexario, Soutullo
Está situada no Igrexario da parroquia de Soutullo.
Edificio con planta de salón dunha soa nave e ábsida rectangular. A cuberta é a dúas augas, con estrutura de madeira e tella curva do país.
O sistema construtivo é a base de muros de carga, realizados todos en cachotaría excepto a fachada principal, que está feita con pedra de cantaría. A fachada presenta un eixo central marcado pola porta rectangular, unha pequena xanela abocinada e unha espadana barroca de dous ocos. No muro setentrional construíronse, con posterioridade á sancristía, unha cuberta a tres augas e muros de cantaría.