Igrexa de Santa María de ErboedoVoltar a listaxe de Patrimonio

O Igrexario, Erboedo
Atópase no Igrexario da parroquia de Erboedo.
A edificación, de porte sinxelo, combina o románico tardío co barroco da espadana e está formada por unha planta de salón dunha soa nave e ábsida rectangular, estando delimitado o paso da nave por un arco de medio punto.
A fachada principal é de cantaría, aínda que a súa estrutura é sinxela.
O templo ten elementos pertencentes á arquitectura galega, como son a porta lateral ou as troneiras. Consta de dúas portas de acceso: unha na fachada principal, alintelada e moldurada, e outra no muro setentrional.