Parroquia de LendoVoltar a listaxe de Parroquias
Esta parroquia linda ao norte con Caión e o Concello de Carballo, ao sur coas parroquias de Lemaio, Cabovilaño e Torás, ao leste co Concello de Arteixo e ao oeste co Concello de Carballo.
Cunha superficie de 9 km², conta cos seguintes núcleos de poboación: Os Abelares, O Bastón, Bragunde, O Campo da Porta, O Campo de Bragunde, O Canle, O Cruceiro Novo, Escurido, A Esquipa, A Fontenla, A Forxa (o Forca), O Igrexario, Larín, Lexas, Lista, O Retorno, Samiráns, A Torre, A Xesteira e Xoios.
Accédese principalmente a través da estrada CP-1913 e da AC-552.
É unha parroquia na que se crearon distintos tipos de servizos durante os últimos anos.
Entre Lendo e Cabovilaño concéntrase a actividade industrial máis importante do Concello, con la presencia del parque empresarial y de factorías como a siderúrxica ou cerámica.
Historicamente é unha parroquia que ofrece importantes curiosidades. A finais do século XIII e principios do XIV, foi unha encomenda templaria, é dicir, foi sede dos cabaleiros templarios (monxes-soldados) que deixaron as súas pegadas na Igrexa de San Xiao a través da decoración de estrelas, rosetas e canecillos, destacando especialmente a que representa a cabeza dun elefante.