Parroquia de LemaioVoltar a listaxe de Parroquias
.jpg)
Esta parroquia linda ao norleste coa de Lendo, ao surleste con Cabovilaño, e o resto co termo municipal de Carballo. Está atravesada polas dúas principais vías de comunicación da comarca: AC-552 e AG-55.
Ten 3,5 km² de superficie e os lugares que a compoñen son: As Casas do Francés, O Cruceiro Vello, Entrerríos, A Estrada, A Fontaíña de Abaixo, A Fontaíña de Arriba, A Fontaíña do Medio, A Fraga, O Grixario, Pedrarrubia, A Pedreira, O Pereiro, Pousadas, Proame, Quenxe, O Ramo, Tuíxe de Abaixo e Tuíxe de Arriba.
O acceso principal a esta parroquia é a través da AC-552.
As actividades predominantes en Lemaio son a gandería, a agricultura e a forestal.
É característico desta parroquia a conservación do seu patrimonio de estilo barroco, como podemos contemplar na igrexa parroquial de Santa Mariña de Lemaio.