• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Parroquia de ErboedoVoltar a listaxe de Parroquias

Linda ao norte cos montes de Santa Leocadia (Concello de Arteixo), ao sur e ao leste coa parroquia de Soandres e ao oeste coa parroquia de Coiro.

Ten unha superficie de 7,25 km² nos se atopan os seguintes lugares: A Barreira, O Campo da Ran, A Carballeira, Cendón, Cercido, Erboedo de Abaixo, A Fontenla, O Igrexario, O Loureiro, Paredes, A Pereira, O Piñeiro, A Portela, Reirís, San Paio, O Vilar e Vilarmaior.

A principal vía de comunicación é a estrada local de Paiosaco á AC-400 e a CP-1913.

O Río Anllóns a atravesa polo sur separando os núcleos de Cercido e Sampaio para seguir regando as terras de Coiro.

Nesta parroquia atópase un importante patrimonio artístico que nos confirma a existencia de poboación en épocas moi antigas. Proba diso son os restos arqueolóxicos achados, como o de Pedrafita ou o Túmulo de Pedra da Auga.