• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Parroquia de CoiroVoltar a listaxe de Parroquias

Os lindes da parroquia chegan ao Monte de Santa Marta, ao igual que Soandres e Soutullo. Linda ao norte co Concello de Arteixo, ao sur coas parroquias de Soutullo, Soandres e Golmar, ao leste coa parroquia de Erboedo e ao oeste coas parroquias de Lestón, Torás e Golmar.

Ten unha superficie de 7 km² e conta con 51 lugares: O Alto, A Ameixeira, O Arganal, A Avieira, Barbacán, O Cabaleiro, O Campo Novo, O Campón, O Casal do Monte, A Casanova, A Champaina, Coirón, A Corredoira, O Coto, O Cruceiro, A Decoita, A Ferraría, A Ferrulleira, A Fontefría, Fornos, A Fraga, Godón, Gudís, A Lamalonga, Longra, O Loureiro, A Lourenceira, O Malló, Manxarín, O Maseo, A Matosa, A Medoña, As Meneiroas, Merelle, Morgade, Os Muíños de Abaixo, Os Muíños de Arriba, Novás, A Painceira, O Pazo Vello, A Pedra, Penso, O Pereiro, Pías, Ramisquido, As Rapadas, A Riba, A Taberna Nova, A Tenda, O Toural e O Vilar.

A principal vía de acceso é a estrada provincial da Laracha a Cerceda (CP-1913).

É salientable a súa riqueza paisaxística, na que sobresae o val do Río Anllóns en contraste cos montes. Conta tamén con varias casas señoriais (Santa Rita, Casanova e Casa Grande de Coirón).

A principios do século XIX, a parroquia de Coiro foi a capital do Concello da Laracha.