• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Parroquia de VilañoVoltar a listaxe de Parroquias

A parroquia de Vilaño linda ao noroeste con Cabovilaño, ao norleste con Torás, ao surleste con Golmar e ao suroeste co Concello de Carballo.

Ten unha superficie de 10 km² e está formada polos seguintes lugares: Amboade, A Areosa, A Barreira, Bos Aires, A Botica, As Brañas, As Brañas da Viña, Bustelo, Os Canedos, Ferreiros, As Fervenzas, A Fonte da Canle, O Formigueiro, Fornelos, A Fraga, Fragunde, Gravido, A Lamela, Marfulo, Os Meáns, Montes Claros, A Panela, O Pazo, Quintáns, Ribela, Samiro, O Seixo, A Telleira, Vilaño, Vilanova, A Viña e Vista Alegre.

Accédese a través dunha vía local desde a capital municipal e pola CP-2404 que une A Laracha coa Silva.

Está atravesada polo río Anllóns.

Podemos constatar que esta parroquia estivo influenciada polos romanos, xa que nela se atopou un miliario na Igrexa parroquial de Santiago. Isto fainos supoñer que polas súas terras pasaba a calzada romana "Per Loca Marítima".

Incluído no seu patrimonio artístico é salientable a Igrexa parroquial de Santiago, de estilo neorrománico, así como o Castro e o Pazo de Montesclaros, un fermoso edificio do século XIX.