• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Parroquia de SoutulloVoltar a listaxe de Parroquias

Esta parroquia linda ao norte con Coiro, ao sur con Montemaior, ao leste coa parroquia de Soandres e ao oeste coa parroquia de Golmar.

Atópase no interior do municipio e ten unha superficie de 5,75 km². Alberga os seguintes lugares: A Abeleira, Os Bidueiros, As Cardosas, O Fieital, Gosende, O Igrexario, O Melio, O Seixo, O Seixoso, Vilanova, O Vilar, O Vilar do Boi, A Xesta e A Xesteira.

Conta con diversas estradas de acceso, sendo a principal a vía local que une A Laracha con Cerceda.

O seu patrimonio está representado, principalmente, pola igrexa parroquial de Santa Mariña (estilo barroco) e polos numerosos cruceiros, sendo o de Vilanova o máis característico pola súa diferente composición de elementos.

Presenta unha grande riqueza paisaxística.