• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Parroquia de SoandresVoltar a listaxe de Parroquias

Linda ao norte coa parroquia de Erboedo e o Concello de Arteixo, ao sur co Concello de Cerceda e a parroquia de Montemaior, ao leste cos Concellos de Cerceda e Culleredo e ao oeste coas parroquias de Coiro e Soutullo.

É a parroquia máis extensa, cunha superficie de 29,45 km² e co maior número de lugares: A Abeleira de Bocixa, A Abeleira de Baldomir, O Abruñedo, A Armada Nova, A Armada Vella, A Baiuca, Bocixa, Boimir, Borreiros, A Bouza, A Brea, A Cachada, O Campo Medado, O Campo de Trixezo, A Castiñeira, A Cerqueira, Codesiño, Compañeiro, Condes, Condesuso, O Corgo, A Corveira, A Cruz, Currelos, Curros, A Cruxeira, Cruxido, Encián, A Ferradura, A Fraga, Golán, Insuaboa, O Loureiro de Bocixa, O Loureiro de Borreiros, Mantiñán, Maúnlle, A Millarada, O Niño de Azor, A Orraca, O Outeiro, Paradela, O Pazo, O Pereiro, O Portodoso, O Priorato, O Refoxo, Revirente, A Revolta, A Revoltiña, Saldante, As Salgueiras, Samir, Santa Baia, As Senras, Silvoso, Souto, As Táboas, A Tapia, A Torre, O Toural, Trixezo, Veiga, Vilanova, Vilar da Fraga, Vilariño, Villamir e Vista Alegre.

Xunto coa parroquia de Montemaior era unha das máis poboadas a principios do século XX.

As principais vías de acceso son: desde o núcleo da Laracha a CP-1913 e a estrada local da Laracha a Cerceda e desde Paiosaco a estrada local ao enlace coa AC-400.

Xeograficamente Soandres representa a zona máis alta do municipio. A paisaxe conforma unha estampa da natureza da comarca bergantiñana onde aínda podemos atopar carballeiras e soutos.

Pero, sen dúbida, o máis destacado é a arquitectura representada polo antigo Mosteiro de San Pedro de Soandres, o conxunto arquitectónico máis importante da comarca.

Quizais sexa Soandres un deses lugares excepcionais nos que se mistura no mesmo ambiente a cultura tradicional do lugar e a natureza que o envolve.