É indispensable que se dirixa ás oficinas de recadación da Deputación Provincial da Coruña.
FAQ - Preguntas frecuentes
Onde debo dirixirme para pagar o recibo dun imposto cuxo prazo voluntario finalizou?
Onde está o cuartel da Garda Civil da Laracha?
Na 1ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo da Laracha.
Teléfono: 981 605 009.
Onde está o Xulgado de Paz?
Na planta baixa da Casa do Concello.
Onde podo anotarme nas actividades e cursos que organiza o Concello?
No Departamento de Cultura e Deportes, situado no segundo andar da Casa do Concello.
Onde podo darme de alta no servizo de auga?
Debe dirixirse á empresa concesionaria VIAQUA, cuxa oficina está na rúa José Manuel Ferreira Penedo, 5, A Laracha.
O teléfono de contacto é o 981 605 713.
Onde podo depositar mobles vellos, electrodomésticos, aceites usados, roupa, ferralla,...?
No Punto Limpo situado no Formigueiro (Vilaño). Tamén existe o servizo gratuíto de recollida de voluminosos a domicilio.
Máis información aquí.
Onde se solicita a licenza de abastecemento de auga?
Nas oficinas xerais, situadas no primeiro andar da Casa do Concello, en horario de 9:00 a 15:00 horas.
Onde solicito a instalación dun foco de iluminación pública?
Debe presentar unha instancia que xustifique a necesidade do foco nas oficinas xerais do Concello.
Podo actualizar a tarxeta de demandante de emprego no Concello?
Si, no terminal situado no edificio de usos administrativos, sempre que dixitalizara previamente as súas pegadas dactilares na Oficina de Emprego.
Podo compulsar documentos no Concello?
Se son documentos que se utilicen no Concello para calquera tipo de tramitación, si.
Se se trata de documentos que se utilicen noutras administracións, non.