Adxudicado o proxecto de promoción turística relacionado coa costa e o mar que promoven o Concello e o GALP
A Laracha activa e o mar de Caión inclúe actuacións de sinalización de roteiros, actividades medioambientais e a creación dunha pictoaplicación. O orzamento total ascende a 71.500 euros a cofinanciar entre o Concello e o GALP Costa da Morte.

