O Concello denuncia o roubo dun dos xogos do parque infantil da área recreativa de Gabenlle
A Policía Local acordoou o espazo afectado e abriu unha investigación. Tamén se rexistraron danos na fonte da área de recreo canino.
A Policía Local acordoou o espazo afectado e abriu unha investigación. Tamén se rexistraron danos na fonte da área de recreo canino.
Centrada no emprego da motobomba,extinción de incendios forestais e retirada de árbores sobre a rede viaria. O obxectivo foi mellorar os seus coñecementos e capacidades para enfrontarse a circunstancias de risco.
Tras máis dun ano desde que concluíron as actuacións, están pendentes de abono máis de 900.000 euros adiantados polo Concello. Esta circunstancia implicará un menor remanente de tesourería como resultado da liquidación do exercicio económico 2021.
Impartiranse nas trece parroquias do municipio e a inscrición ábrese o mércores 16 de febreiro. Esa iniciativa forma parte do programa municipal de actividades de envellecemento activo.
Actuouse no campo da feira de Paiosaco, Avenida Fisterra da Laracha e acceso ao IES Agra de Leborís, e a próxima intervención será na praza do centro médico. Faise co dobre obxectivo de mellorar a estética e previr riscos por posibles caídas de materia vexetal.
Os tres días haberá propostas infantís e o 23 de febreiro, un recital para adultos. Convídase a participar á cidadanía para render homenaxe á autora e afondar no coñecemento da súa vida e obra.
É gratuíto e préstase a través do Programa Harmoniza de apoio á conciliación. Estarán en funcionamento nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo os días 28 de febreiro e 2 de marzo pola mañá.
Os premios outorgaranse por valoración do xurado e tamén aos máis votados na páxina de Facebook. Tamén haberá cine, xogos e espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar.
Estase a crear un carril de agarda para xirar á esquerda e trasladándose o paso de peóns. A intervención é complementaria ao recente establecemento do sentido único da circulación nesa rúa do núcleo urbano da Laracha.
Pequecociña está en marcha desde onte e a semana pasada principiaron bailes latinos e tiro con arco. Aínda quedan prazas dispoñibles nos cursos de pádel para adultos que se realizarán desde o 5 de marzo nas mañás dos sábados.
A especialidade de pintura industrial en construción interveu no centro sociocultural das Rañeiras e agora actúa no pavillón Municipal da Laracha. A especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais comezou a traballar na aula homologada habilitada polo Concello.
O obxectivo da intervención é facilitar os accesos cara o CEIP Otero Pedrayo para o transporte escolar, vehículos particulares e peóns. O Concello inviste 243.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais.