35 persoas aspiran aos 7 postos de emprego para a formación das cuadrillas de limpeza da praia de Caión
Contrataranse cinco peóns e dous capataces para manter en bo estado de limpeza o areal, as súas instalacións e o entorno. Hoxe xa comezou a prestarse o servizo de salvamento e socorrismo.