Viaqua informa do corte de subministro de auga o próximo martes en varias vías da Laracha e núcleos da parroquia de Torás
Previsiblemente será entre as 9:00 e as 17:00 horas. O motivo é as obras na rede de distribución que se están a levar a cabo xunto á Praza do Concello.