O xoves 15 de setembro reabrirán os centros sociais da Laracha, Paiosaco e Caión
O horario será de 16:00 a 20:00 horas de luns a sábado. O Concello destinará a este servizo máis de 300.000 euros nos próximos catro anos.
O horario será de 16:00 a 20:00 horas de luns a sábado. O Concello destinará a este servizo máis de 300.000 euros nos próximos catro anos.
É organizado polo Concello co apoio do GALP Costa da Morte. A inscrición, que é gratuíta, xa está aberta.
Contémplase a substitución de máquinas e do pavimento do ximnasio, mellora da eficiencia enerxética e renovación da fachada e da impermeabilización da cuberta. O alcalde e a concelleira de Deportes mantiveron unha reunión con responsables do estudo de arquitectura que redacta o proxecto e da empresa concesionaria da xestión das instalacións.
O orzamento do ano pasado péchase en 12.928.015,99 euros, cun incremento próximo ao 56 % con respecto á previsión inicial. Hoxe foi sometida a ditame da Comisión Informativa de Asuntos Económicos, Facenda e Especial de Contas.
Impartido pola Fundación Mujeres. Será presencial e constará de seis sesións a impartir os luns desde o 26 de setembro en Soandres e Vilaño. A inscrición é gratuíta e debe formalizarse antes do 20 de setembro no departamento de Servizos Sociais do Concello.
Actualmente está en licitación o contrato de subministro de 230 composteiros e kits de compostaxe por un importe de 35.000 euros. A iniciativa lévase a cabo coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
A fase de movemento de terras e canalizacións dos servizos está practicamente rematada. O Skatepark supón un investimento de 155.000 euros a financiar integramente con fondos municipais.
Presenta unha superficie de 4,5 hectáreas con densa vexetación arbórea autóctona. Outros puntos de actuación deste persoal municipal foron o Castro de Montes Claros, o entorno do río Anllóns, o coto de Santa Marta e os entornos das igrexas parroquiais.
As persoas interesadas poden presentar a súa instancia ata o 30 de setembro. O Concello destina a esta convocatoria de axudas 75.000 euros. Poden beneficiarse todos os estudantes, desde educación infantil ata universitarios.
Actualízase, así, o acordo rubricado con Olonne sur Mer trala súa fusión con outros dous municipios. O programa de actos incluíu o descubrimento da placa coa que se bautiza co nome de A Laracha un paseo na localidade francesa.
O proxecto alcanza os 2,1 millóns de euros de orzamento e executarase no próximo ano. Tamén se aprobaron a modificación das bases do orzamento para incrementar as subvencións ás Comisións de Festas e foron fixados os festivos locais de 2023.
Renovarase o pavimento e aumentarase a seguridade viaria. As obras, contempladas no POS+ e cofinanciadas pola Deputación da Coruña, afectarán a 25 núcleos de poboación de 11 parroquias.