Concello e Viaqua analizan o estado actual dos puntos de captación de auga no municipio
Ante a escaseza de chuvias, e de non variar a situación climatolóxica nos próximos días, non se descarta establecer cortes temporais do subministro. Faise un chamamento á cidadanía para ser estritos no cumprimento das medidas de aforro de auga e consumo responsable.

