A Bandeira Verde de Galicia xa loce na Praza do Concello
Foi izada hoxe polo alcalde, José Manuel López Varela, e o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique Salvador. A Laracha recibiu por primeira vez este recoñecemento da Xunta que avala as políticas municipais sobre a protección da paisaxe e do medio ambiente.

