A cobertura da fibra óptica chegará a todo o territorio do termo municipal
Está previsto que mañá comecen a desenvolverse as obras de ampliación da rede entre A Xesteira e Lemaio e, a continuación, noutros tres tramos: Estramil-A Barreira, O Peón-Os Muíños e Paiosaco-A Cachada. O alcalde mantivo unha reunión cos responsables de Comfica, a empresa contratada por Telefónica para executar os traballos.

