O alcalde e directora xeral de formación para o emprego e orientación presidiron o acto de clausura do ‘Obradoiro de emprego A Laracha VII'
Participaron 20 alumnos traballadores nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais e pintura industrial en construción. López Varela: “Estes programas son o mellor que as administración lle poden ofrecer aos veciños que se atopan en situación de desemprego”.