O Concello pecha á circulación vías forestais de Montemaior danadas pola realización dunha tala
Tamén se iniciaron as accións oportunas para sancionar á empresa responsable, incautarlle a fianza e requirirlle a reparación. O goberno local iniciou os trámites para modificar a ordenanza reguladora da actividade para minimizar os danos por parte das empresas de xestión forestal.

