O Concello reactiva o comercio local coa segunda edición do programa de bonos “Eu merco na Laracha”, dotado con 40.000 euros
O alcalde e a concelleira de Promoción Económica presentaron hoxe a iniciativa. 1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés.

