O Concello mellora o equipamento para as emerxencias no medio acuático grazas á Xunta de Galicia
O material entregado é unha cadeira anfibia e unha táboa e un tubo de rescate. Porase de xeito inmediato a disposición do equipo de salvamento e socorrismo da praia de Caión.

