A programación municipal en torno ao 25N inclúe obradoiros nos centros de ensino, andaina e obra de teatro
En conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. As actividades nos colexios e instituto, que xa están en marcha, foron consensuadas cos equipos directivos e as orientadoras dos centros.

