Concello e Deputación financiarán o proxecto de remusealización do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte
Co obxectivo de renovar os contidos para ofrecer unha experiencia máis completa e enriquecedora aos visitantes. Investiranse máis de 48.000 euros, co financiamento do 80 % por parte da administración provincial.

