O alcalde visitou ás participantes no programa “A Laracha Acolle”
Dirixido á inclusión social e cultural das persoas inmigrantes. Actualmente son 15 as persoas asistentes, naturais de Marrocos, Paquistán, Ucraína, Colombia e Portugal.
Dirixido á inclusión social e cultural das persoas inmigrantes. Actualmente son 15 as persoas asistentes, naturais de Marrocos, Paquistán, Ucraína, Colombia e Portugal.
Os dez alumnos da especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes comezaron a executar os labores previstos sobre o terreo. A parte teórica estase a desenvolver integramente no municipio de Arteixo.
As contas foron sometidas hoxe a ditame da Comisión Informativa e serán elevadas ao Pleno extraordinario do vindeiro xoves. 1,6 millóns de euros destinaranse á mellora das infraestruturas e unha das novidades será o desenvolvemento dun programa de bonos para reactivar o comercio local.
A proba foi presentada hoxe por representantes municipais e os deseñadores do percorrido. A inscrición xa está aberta nas tres modalidades.
O xurado valorou hoxe todos os traballos presentados polos alumnos dos tres colexios do municipio. A entrega dos premios será o venres 23 de decembro na Casa da Cultura.
Composta por acuarelas mariñas do ceense Xosé Iglesias. A inauguración será mañá venres ás 19:00 horas no centro sociocomunitario.
As gratificacións económicas alcanzan os 1.500 euros. A imaxe que obtivo o primeiro premio na modalidade “Xeral” será empregada na felicitación de Nadal institucional do Concello da Laracha.
Naquelas nas que se require inscrición previa, o prazo abrirá este luns. A Cabalgata dos Reis Magos será un percorrido de dous días por todas as parroquias que concluirá cunha festa infantil o 5 de xaneiro.
A actuación é cofinanciada por Agader no marco do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. O orzamento supera os 94.000 euros.
O investimento sitúase en torno aos 250.000 euros. A instalación será ampliada e mellorada para ofrecer novos servizos á cidadanía e facilitar o labor dos operarios para a recepción, clasificación e control dos residuos.
O xurado valorou todas as imaxes presentadas e fallou os tres premios que suman 1.250 euros. Ata o 11 de decembro permanecerá aberto o prazo para votar na modalidade redes sociais a través da páxina de Facebook Turismo da Laracha.
A iniciativa é impulsada pola Fundación Juana de Vega en colaboración coa Asociación de Viveristas do Noroeste e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería. Foron concedidas á Laracha dúas Flores de Honra polo traballo desenvolvido na xestión medioambiental.