Aínda quedan prazas dispoñibles no campo de voluntariado que se realizará no Castro de Montes Claros
Desenvolverase do 3 ao 14 de agosto coa colaboración da Xunta de Galicia. Vai dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos de idade.
Desenvolverase do 3 ao 14 de agosto coa colaboración da Xunta de Galicia. Vai dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos de idade.
O evento gastronómico máis importante do municipio, Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase na fin de semana do 5 e 6 de xullo. Destacan os espectáculos de música tradicional galega e as actividades para a posta en valor do froito.
Nas redes sociais municipais publicarase unha serie de cinco vídeos na que veciños da Laracha comparten reflexións persoais. Anímase á cidadanía a compartir os contidos empregando o hashtag #ALarachaOrgullosa.
Participarán 18 mozos laracheses de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.
Hoxe tiveron a fase práctica na praia de Caión, onde recibiron a visita do alcalde. O Concello considera a iniciativa de interese para potenciar esta práctica deportiva e tamén para concienciar sobre o respecto ao medio ambiente.
O equipo de salvamento e socorrismo está operativo desde hoxe e ata o 15 de setembro cada día de 12:00 a 20:00 horas.
Actuarase en máis de 300 km de estradas municipais, 83 km de pistas forestais e 32 hectáreas de terreos. Os traballos suporán un gasto de 125.000 euros.
Nas instalacións da antiga casa reitoral da vila costeira. Estará a disposición do público durante o verán de luns a sábado.
Avánzase na tramitación urbanística necesaria para a creación dunha praza pública que funcionará tamén como aparcamento e a mellora das comunicacións viarias. O expediente de expropiación dos terreos afectados iniciarase unha vez se eleve a aprobación a definitiva por parte do Pleno.
O orzamento alcanza os 390.000 euros, ademais dos 62.600 euros investidos na adquisición dos terreos necesarios. Están afectados 2.355 metros lineais da vía, que pasarán a ter unha anchura de 10 metros.
Realizarase o sábado 14 de xuño pola mañá. Será guiado por Xabier Maceiras, autor do libro As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño.
Pensado para axudar ás empresas a atopar talento local e mellorar a empregabilidade dos particulares. Contouse con representantes municipais, da Consellería de Emprego e de empresas de referencia na Laracha.