O CONCELLO DA LARACHA ELIMINOU 60 NIÑOS DE VESPA VELUTINA DURANTE O VERÁN
O Concello da Laracha, coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha, está a desenvolver durante este verán unha campaña dirixida a eliminar niños de avespa asiática (vespa velutina) que se detectan no termo municipal.

