Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
En conmemoración do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se celebra o 25 de novembro, o Concello da Laracha organizou a II Festa da Igualdade que se desenvolveu no pavillón do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e na que participaron 190 alumnos de 5º e 6º de primaria dese mesmo centro de ensino, do CEIP Otero Pedrayo da Laracha e do CEIP de Caión.

