Dezasete propostas culturais, deportivas e de ocio forman o programa municipal de actividades de verán
O Concello da Laracha presenta o completo programa municipal de actividades de verán que se desenvolverá durante os meses de xullo e de agosto e que inclúe un total de dezasete propostas culturais, deportivas e de ocio. Como cada verán o Concello dará continuidade ás actividades mellor valoradas polo público en anteriores edicións en base ás cifras de participación rexistradas nos cursos pasados e á aceptación que tiveron pola veciñanza en xeral, adamais de incorporar novas iniciativas.

