O CONCELLO OUTORGA QUINCE PREMIOS NOS CONCURSOS DE POSTAIS E CONTO DE NADAL
Os membros do xurado dos concursos de Nadal de postais e de conto convocados polo Concello da Laracha reuníronse o venres 16 de decembro na biblioteca municipal da Laracha, onde valoraron os máis de trescentos traballos presentados entre ambos certames polos alumnos de todos os centros de educación infantil e primaria que existen no municipio.

