A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CREARÁ O COMEDOR DO CEIP ALFREDO BRAÑAS NO BAIXO DO EDIFICIO PRINCIPAL DO CENTRO
O xefe territorial de Educación na provincia da Coruña, Indalecio Cabana, acompañado por técnicos da Consellería, realizou o 19 de decembro unha visita ao CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, onde mantivo un encontro con José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, Jesús Souto, edil responsable da área de obras públicas, e tamén coa directora do colexio.