O Concello acondiciona o entorno do río Anllóns para fomentar o sendeirismo e o contacto coa natureza
Estase a actuar nun tramo de 7 km entre Gabenlle e Tuixe. O sector forma parte dunha das rutas do programa A Laracha Activa que 50 persoas realizarán este domingo no marco do programa Andainas na Primavera.

