Adxudicado o proxecto de construción do centro comunitario de Caión
Construirase na parcela de titularidade municipal dispoñible para albergar equipamentos dotacionais no Campo da Insua. Será un edificio singular cunha forma exterior curva que recorda ao lombo das baleas en alusión á historia da caza dese especie en Caión durante os séculos XVI e XVII. O inmoble será plenamente multidisciplinar ao contar con oficinas administrativas, aulas polivalentes e espazos de exposicións.

