Formalizado o contrato de execución do proxecto de mellora dos accesos á praia de Caión
A plataforma da calzada será ampliada para poder dispoñer de dous carrís diferenciados, un por cada sentido de circulación, e crearasem un espazo peonil.
A plataforma da calzada será ampliada para poder dispoñer de dous carrís diferenciados, un por cada sentido de circulación, e crearasem un espazo peonil.
Inclúe saídas ao Coruña Láser Combat (26 de outubro), Coruña Virtual Games (16 de novembro) e Oleiros Urban Planet (27 de decembro).
Tal e como explicara recentemente o alcalde, ambas infraestruturas deportivas non estarán vinculadas ao instituto porque están ao seu carón pero por fora, pero si que poderían programarse nelas actividades desde o centro de ensino durante o horario lectivo.
Terá unha duración de nove meses e constará de dúas especialidades con dez alumnos-traballadores en cada unha delas. Ademais, o equipo directivo, formativo e administrativo estará composto por un director, un mestre para cada unha das dúas especialidades, un mestre de ensino básico e un auxiliar administrativo. Por tanto, en total serán contratadas un total de 25 persoas.
O Concello da Laracha comezou a notificar individualmente por correo postal a cada unha das vivendas ubicadas nalgunha das rúas ou prazas afectadas. Nos próximos días tamén se procederá á substitución das placas cos nomes das rúas e prazas.
A deportista do Club SAL logrou a prata en 100 metros socorrista e 100 metros rescate con aletas. Ademais, quedou 4ª clasificada en 100 metros combinada e 6ª en 200 metros supersocorrista.
Este programa mixto de formación e emprego vai dirixido a mozos de entre dezaoito e trinta anos de idade que figuran no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Oito deles formarán parte da especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e outras oito, da de traballos de carpintería e moble.
É un dos eixos da política municipal en materia social, deportiva e cultural, sendo o perfecto complemento á ampla cobertura en infraestruturas e tamén no apoio organizativo e económico que se presta aos clubs e asociacións ao longo de todo o ano.
Do 21 ao 25 de outubro. As persoas que cumpran os requisitos e desexen realizar a excursión deben preinscribirse no departamento de Servizos Sociais entre o luns 30 de setembro e o mércores 2 de outubro. No caso de que o número de solicitudes supere as 50 prazas dispoñibles, para outorgalas faríase un sorteo público.
Quedaron fixados os festivos locais para o próximo ano, integrouse á Policía Local no sistema VioGén do Ministerio de Interior e aprobouse inicialmente o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais.
O proxecto supuxo un investimento de 63.316 euros e consistiu na completa renovación das luminarias por outras LED de última xeración en todos os despachos e zonas comúns da Casa do Concello, do edificio de servizos múltiples, da biblioteca municipal da Laracha e do centro sociocultural de Paiosaco.
A formación comeza o 10 de outubro. Cada xoves haberá sesións de dúas horas de duración cada unha (10:30 a 12:30 horas) ata o día 12 de decembro. A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no departamento de Servizos Sociais (edificio administrativo). A data límite é o 7 de outubro.