O Concello proxecta a rehabilitación e mellora da accesibilidade na área recreativa de Gabenlle
O proxecto, valorado en máis de 43.000 euros, presentouse á Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de subvencións ás entidades locais para o apoio aos investimentos para actuacións de mellora de infraestruturas turísticas. Así foi acordado na última Xunta de Goberno Local.

