O Pleno aproba por unanimidade os novos nomes para 36 rúas e 6 prazas públicas
A sesión comezou coa lectura por parte do alcalde, José Manuel López Varela, dunha declaración institucional consensuada polos grupos políticos presentes en rexeitamento da violencia de xénero e en apoio ás vítimas desta lacra social, tanto ás mulleres como aos seus familiares, fillos e fillas. A continuación gardouse un minuto de silencio en mostra de recordo e respecto ás corenta e cinco mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano en España.