O Concello inicia a campaña de desbroce nas catro parroquias máis poboadas do municipio
Torás, incluíndo o núcleo urbano da Laracha, é a parroquia obxecto da primeira intervención. As seguintes serán Lestón (incluíndo Paiosaco), Cabovilaño e Caión. Posteriormente actuarase nas outras nove parroquias rurais.

