O Concello da Laracha mellorará a eficiencia enerxética nos edificios municipais coa colaboración do IDAE
O proxecto está valorado en 63.316 euros e consiste na completa renovación das luminarias por outras LED de última xeración en todos os despachos e zonas comúns da Casa do Concello, do edificio de servizos múltiples, da biblioteca municipal da Laracha e do centro sociocultural de Paiosaco.