Representantes da FEMP comproban na Laracha o excelente funcionamento do Programa Harmoniza
O director da área de Dereitos Sociais e Cidadanía da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), Joaquín Corcobado, e a responsable do convenio entre a citada asociación co Instituto de la Mujer y para la Igualdade de Oportunidades, Dolores Palacios, estiveron no Concello da Laracha, onde mantiveron unha reunión co alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira responsable das áreas de Muller e Servizos Sociais, Rocío López, e a directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, Ana Aldao.