O programa ‘Coidados porta a porta’ estará na Laracha do 2 ao 5 de agosto
Ofrece servizos asistenciais de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía a persoas maiores de 55 anos. O día 2 ás 12:00 horas no baixo da biblioteca da Laracha ofrecerase unha charla informativa na que se explicará en que consiste esta iniciativa da Consellería de Política Social.

