O alumnado do CEIP Alfredo Brañas e do CEIP de Caión protagonizan unha xornada de deporte inclusivo
Neste mes de maio está previsto desenvolver un evento de similares características no CEIP Otero Pedrayo da Laracha.
Neste mes de maio está previsto desenvolver un evento de similares características no CEIP Otero Pedrayo da Laracha.
Os catorce premios outorgados polo xurado serán entregados aos gañadores nun acto que se desenvolverá o venres da próxima semana (22 de decembro) a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura da Laracha. Consistirán en xogos e en material educativo acorde ás idades de cada un dos premiados.
O Concello da Laracha inviste preto de 54.000 euros no acondicionamento do espazo situado baixo as gradas onde, ademais do aseo xa existente, serán creados un almacén e dous amplos vestiarios con entradas independentes e equipados co correspondente mobiliario, duchas, lavabos e sanitarios.
No marco do programa municipal que o Concello da Laracha desenvolve para conmemorar o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres –que se celebra o 25 de novembro-, hoxe desenvolveuse a terceira edición da Festa da Igualdade. Fíxose por primeira vez no pavillón do CEIP Otero Pedrayo da Laracha e participaron os 186 alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria dese mesmo centro de ensino e dos CEIP de Caión e Alfredo Brañas de Paiosaco.
A acción formativa levarase a cabo na Casa da Cultura desde o día 6 de novembro e ata finais de maio en tres sesións semanais (luns, mércores e venres) de dúas horas de duración cada unha e en horario de 20:30 a 22:30 horas.
Os estudantes procedentes da capital polaca teñen entre 15 e 16 anos. Chegaron onte ao noso municipio e permanecerán na Laracha ata a noite do luns, estando aloxados durante a súa estancia en vivendas particulares de familias larachesas. No pasado mes de xuño un grupo de 26 alumnos do IES Agra de Leborís xa estiveran en Toruńska como actividade inicial do intercambio.
Ata o vindeiro día 9 de outubro as persoas interesadas en optar a unha das bolsas de estudos municipais convocadas deben presentar no Concello as súas instancias debidamente cubertas e coa documentación requirida. O modelo de solicitude pode recollerse no propio Concello.
O Concello da Laracha abriu o luns 8 de xullo o prazo de inscrición no servizo municipal Madrugadores que comezará a ofertarse ao alumado do CEIP Otero Pedrayo da Laracha, CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e CEIP de Caión desde o inicio do próximo curso escolar 2017-2018.
Os alumnos que se acollan a Madrugadores poderán acudir os días lectivos ao centro de ensino no que estean matriculados desde as 7:00 horas, onde permanecerán ata o inicio da actividade no colexio ao cargo de persoal especializado e realizando actividades ludorecreativas.
O Concello da Laracha foi hoxe protagonista nas I Jornadas de Formación e Intercambio de Buenas Prácticas Municipales celebradas en Madrid baixo a organización da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e o Instituto de la Mujer y para la igualdad de oportunidades grazas ao Programa Harmoniza.
As obras referidas á urbanización exterior e á mellora do equipamento do pavillón do CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha xa están en fase de execución. José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, Jesús Souto, edil de Urbanismo e Obras Públicas, comprobaron persoalmente o desenvolvemento das primeiras actuacións previstas. Os traballos estanse acometendo sen interferir na actividade que se desenvolve tanto no polideportivo como no propio recinto do colexio.
Avanzan a bo ritmo de execución as obras de construción do comedor do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco. José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, José Ramón Martínez Barbeito (tenente alcalde) e Patricia Bello (edil responsable da área de Ensino) desprazáronse hoxe ao colexio, onde se reuniron coa directora, Agripina Alfeirán, e coñeceron in situ o resultado das actuacións realizadas.