A mesa educativa e sanitaria sobre violencia de xénero celebrou unha nova reunión no Concello
Contouse con representación do goberno local, CIM, servizos sociais municipais, centro de saúde e centros de ensino. Entre outras cuestións, abordáronse o protocolo de derivación desde o centro médico aos servizos sociais e CIM no caso de detectarse posibles casos de risco e as actividades a realizar en torno ao 25 de novembro.