O II concurso A Laracha de Tapas celebrarase do venres 11 ao domingo 13 de agosto
Participan trece establecementos (tres máis que no primeiro concurso), que en todos os casos deberán elaborar as súas tapas con froitas, verduras e legumes e ofrecelas ao público ao prezo de 1 euro o venres (de 19:00 a 22:00 h), sábado (11:30 a 15:00 e 19:00 a 22:00 h) e domingo (11:30 a 15:00 h).