O Concello subvencionará con ata 2.100 euros a autónomos e empresas afectados pola crise da Covid-19
Nos próximos días as bases publicaranse no BOP e abrirase o prazo de vinte días hábiles para a presentación de solicitudes.
Nos próximos días as bases publicaranse no BOP e abrirase o prazo de vinte días hábiles para a presentación de solicitudes.
As bases que rexerán o procedemento selectivo serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e na web municipal antes de abrirse o prazo de inscrición para aquelas persoas que desexen optar a unha das dez prazas.
O procedemento de contratación para a dotación de seis máis o coordinador xa está iniciado. Os outros dous dependen do programa de fomento do emprego da Xunta de Galicia.
Nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais, actividades auxiliares de almacén e actividades na administración e servizos.
A especialidade de carpintería de madeira tamén está a intervir na bancada de madeira xunto ao vaso da piscina.
O Obradoiro de Emprego A Laracha V e o programa A Laracha polo emprego xuvenil son organizados polo Concello e a Xunta de Galicia e conta en total con trinta e seis alumnos-traballadores.
En ambos casos a inscrición e gratuíta e debe formalizarse previamente no departamento de orientación laboral (edificio administrativo da Laracha).
Os traballos que se están acometer consisten na limpeza da pasarela de madeira, reparacións e substitucións das táboas deterioradas e aplicación de lasur, un produto especialmente indicado para o tratamento da madeira en exteriores polo seu efecto antideslizante e por favorecer a súa conservación.
O proxecto ten un orzamento total de 863.000 euros. As actuacións que teñen encomendadas na especialidade de carpintería de madeira son a renovación do paseo fluvial do río Anllóns e a mellora da carpintería do complexo deportivo da piscina municipal da Laracha. A especialidade de pintura industrial actuará na Casa do Concello, no edificio administrativo, na Casa da Cultura, no centro sociocultural de Paiosaco, nas pistas polideportivas de Cabovilaño e de Cumiáns (Montemaior) e na mellora dos báculos da iluminación pública nas rúas do municipio.
Terá unha duración de nove meses e constará de dúas especialidades con dez alumnos-traballadores en cada unha delas. Ademais, o equipo directivo, formativo e administrativo estará composto por un director, un mestre para cada unha das dúas especialidades, un mestre de ensino básico e un auxiliar administrativo. Por tanto, en total serán contratadas un total de 25 persoas.
Este programa mixto de formación e emprego vai dirixido a mozos de entre dezaoito e trinta anos de idade que figuran no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Oito deles formarán parte da especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e outras oito, da de traballos de carpintería e moble.
Forman parte do proxecto Conexión STEM: educación non formal un total oito institucións e agrupacións de diversos perfís procedentes de diferentes países europeos como España, Israel, Rusia, Xeorxia, Italia, Grecia e Portugal. O Concello da Laracha será o socio que capitaneará o proxecto, estando representado en todos os actos oficiais que se desenvolvan nas figuras do alcalde, José Manuel López Varela, e dos concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Rocío López.