A Laracha acollerá un curso oficial de monitor de actividades de tempo libre
Todos os veciños empadroados no Concello da Laracha que realicen este curso poderán favorecerse dunha bonificación na cota de inscrición.
Todos os veciños empadroados no Concello da Laracha que realicen este curso poderán favorecerse dunha bonificación na cota de inscrición.
A acción formativa levarase a cabo na Casa da Cultura desde o día 6 de novembro e ata finais de maio en tres sesións semanais (luns, mércores e venres) de dúas horas de duración cada unha e en horario de 20:30 a 22:30 horas.
O programa terá unha duración de nove meses, nos que dez alumnos traballadores participarán na especialidade de xardinería e outros dez farano no módulo de traballos de carpintería e moble
O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira delegada da área de Promoción Económica, Rocío López, mantiveron unha reunión no Salón de Plenos cos quince rapaces que participan no programa Deseñando o teu futuro.
O Club Amigos del Judo da Laracha, coa colaboración do Concello, organiza o curso de defensa persoal para mulleres que terá lugar nas instalacións do CEIP Ramón Otero Pedrayo os sábados de maio (días 6, 13, 20 e 27) en horario de 18:00 a 20:00 horas.
O Concello da Laracha acollerá durante os meses de abril e maio un curso de comportamento social e atención ao público dirixido aos profesionais do sector da hostalería. A organización será a cargo da asociación de turismo CMAT Costa da Morte.
O Concello da Laracha, coa colaboración da asociación Horta do Noroeste, organiza a charla informativa sobre produción integrada que se vai desenvolver venres día 31 de marzo a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura da Laracha.
José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, Rocío López, edil responsable da área de Promoción Económica, e María Fernández en representación da empresa Cendá Gestión Creativa, encargada de impartir as accións formativas, fixeron hoxe entrega dos diplomas aos alumnos que participaron nos cursos para mozos de ata trinta anos de idade que se impartiron no Concello da Laracha baixo a organización da Cámara de Comercio da Coruña. O acto desenvolveuse nas instalacións da Casa da Cultura da Laracha.
Os cursos formativos para mozos de ata trinta anos de idade que se impartiron no Concello da Laracha baixo a organización da Cámara de Comercio da Coruña remataron hoxe coa celebración do acto de clausura nas instalacións do centro sociocultural de Lendo, ao que asistiron o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Emprego e Promoción Económica, Rocío López.
A Escola Galega de Tempo Libre, en colaboración co Concello, impartirá na Laracha entre os meses de marzo e xuño un curso oficial de monitor en actividades de tempo libre dirixido a persoas maiores de dezaoito anos de idade e que teñan, canda menos, os estudos de graduado en ESO ou equivalente.
O Concello da Laracha será sede do 23 ao 29 de maio do proxecto Creating bridges for a Civic and Democratic Europe (Creando pontes para unha Europa cívica e democrática), que se desenvolverá no marco do programa Europe for Citizens (Europa para os cidadáns).
No mes de febreiro comezarán a desenvolverse novos cursos do programa municipal de actividades culturais e deportivas de inverno, que se está levando a cabo con notable éxito de participación por parte da veciñanza.