A Aula Mentor da Laracha conta con 36 usuarios matriculados en cursos formativos para adultos
O catálogo para ampliar as competencias profesionais e persoais inclúe máis de douscentos cursos de diversas temáticas. Os alumnos teñen á súa disposición unha aula de informática, titores de cada materia e un administrador que os acompañará no itinerario formativo.

