Aprobada a nova licitación do contrato dos servizos de limpeza e conserxería de edificios e instalacións municipais e centros escolares
O Concello investirá 1.730.000 euros nun período máximo de catro anos. Na Xunta de Goberno tamén se acordou concorrer a convocatorias de axudas da Xunta de Galicia para a mellora do centro sociocultural da Insua e para organizar actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas municipais.

