• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Últimas novas sobre o Concello da Laracha

  • Aprobada por unanimidade e con carácter definitivo a ordenanza do servizo Madrugadores

    O Pleno da Corporación municipal da Laracha acordou elevar a definitiva a aprobación da ordenanza municipal que regulará o servizo Madrugadores de conciliación da vida persoal, laboral e familiar. Fíxose tras incorporar ao documento inicial as modificacións oportunas para mellorar o texto da normativa. O novo servizo, que se presta a través do Programa Harmoniza

  • O Pleno aproba as dúas modificacións puntuais do PXOM propostas polo goberno local

    No Concello da Laracha celebrouse un Pleno extraordinario e urxente convocado polo goberno local ante a necesidade de avanzar na tramitación urbanística das dúas modificacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que requiren dous proxectos de interese xeral para a poboación do municipio, xa que traerán consigo melloras nas infraestruturas públicas sanitarias, culturais, turísticas e sociais.

  • O Concello da Laracha celebrou o Pleno ordinario correspondente ao mes de maio

    No Concello da Laracha celebrouse hoxe o Pleno ordinario correspondente ao mes de maio, ao que se elevaron cuestións de mero trámite administrativo. A sesión comezou cun minuto de silencio gardado en sinal de loito polas vinte e catro mulleres falecidas (máis un caso en investigación) en España no que vai de ano vítimas de violencia de xénero.

  • A CORPORACIÓN MUNICIPAL TRATOU CUESTIÓNS DE TRÁMITE ADMINISTRATIVO NO PLENO ORDINARIO

    O Concello da Laracha celebrou hoxe o Pleno ordinario correspondente ao mes de marzo. A sesión comezou cunha mensaxe de condolencia do alcalde, José Manuel López Varela, en nome da Corporación municipal, “á familia de Paco Souto e ao grupo comarcal e local do BNG polo falecemento do que era edil en Malpica de Bergantiños”, xesto que agradeceu o voceiro do grupo nacionalista, Xoán Manoel Sande.

  • APROBADOS TODOS OS PUNTOS DO PLENO EXTRAORDINARIO SEN VOTOS EN CONTRA

    A Corporación municipal da Laracha celebrou hoxe unha sesión extraordinaria do Pleno na que se aprobaron os seis puntos da orde do día sen votos en contra e sendo por unanimidade a maioría dos acordos tomados. A sesión resolveuse en media hora e sen apenas debate ante a conformidade de todos os grupos coas propostas elevadas ao Pleno polo goberno local.