350 rapaces de 28 equipos participarán na 8ª edición do torneo de baloncesto “José Antonio Vega”
Celebrarase o sábado 29 de decembro nos tres pavillóns polideportivos da vila da Laracha.
Celebrarase o sábado 29 de decembro nos tres pavillóns polideportivos da vila da Laracha.
Presentáranse en total máis de catrocentos traballos. O xurado estivo formado por persoal técnico municipal e representantes dos CEIP Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión.
Os quince premios outorgados polo xurado serán entregados aos gañadores nun acto que se desenvolverá o venres da próxima semana (21 de decembro) a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura da Laracha. Consistirán en xogos e en material educativo adaptado ás idades de cada un dos premiados.
Nos próximos días o Concello da Laracha anunciará ao completo o programa de eventos e actividades de Nadal, que contará con propostas para todos os públicos desde finais de ano e ata a Cabalgata dos Reis Magos do 5 de xaneiro, coincidindo coas vacacións nos centros de ensino.
O Programa Harmoniza larachés -relacionado coa axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar- resultou distinguido na categoría de “Campañas efectivas dirixidas á mellora do benestar da infancia e a adolescencia”.
O proxecto está valorado en 44.000 euros, dos cales o Concello da Laracha asume con fondos propios municipais o corenta por cento. A parte restante será achegada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de subvencións para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
A cerimonia de entrega destes recoñecementos de UNICEF terá lugar o 27 de novembro en Oviedo. Desde o Concello da Laracha unha vez máis mostramos o noso orgulloso porque una entidade como UNICEF mostre deste xeito o seu respaldo e impulso aos proxectos municipais que estamos a desenvolver no apoio á conciliación das familias e na cooperación na educación dos nenos en corresponsabilidade, igualdade de oportunidades e rexeitamento de calquera tipo de violencia.
A actividade que se realizou hoxe tivo por finalidade que os alumnos puidesen coñecer como é o traballo dos profesionais que desempeñan o seu labor diario no Concello da Laracha e que coñecesen a Casa Consitorial, á que o alcalde lles convidou “a volver cando queirades porque esta é a casa de todos”.
O acordo rubricado establece que o Concello da Laracha subvencionará o cincuenta por cento do custe da actividade de cada participante. Por tanto, da cota de trinta euros mensuais fixada polo club, os rapaces soamente deberán aboar quince euros.
Co propósito de comentar todas as cuestións relativas a Madrugadores e aclarar calquera dúbida que poida presentar ao respecto, o Concello da Laracha convocou dúas reunións cos pais dos beneficiarios do servizo. A dos usuarios do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco será o mércores 5 de setembro e a dos do CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha, no día seguinte, o xoves 6 de setembro. En ambos casos realizarase no edificio administrativo da Laracha a partir das 19:30 horas.
Durante os meses de xullo e agosto están a acudir a esta instalación municipal, situada no edificio de servizos múltiples, unha media de sesenta e cinco nenos en cada xornada.
Cada día o autobús cos rapaces e os monitores sae da praza do Concello ás 10:00 horas e regresa 18:00. A parada para o xantar nas instalacións das antigas escolas da Ínsua de Caión é ás 14:00. Durante toda a semana os participantes realizan moi diversas actividades lúdicas, recreativas, educativas, culturais e deportivas.