A aula lúdica municipal conta neste verán con 150 usuarios
Durante os meses de xullo e agosto están a acudir a esta instalación municipal, situada no edificio de servizos múltiples, unha media de sesenta e cinco nenos en cada xornada.
Durante os meses de xullo e agosto están a acudir a esta instalación municipal, situada no edificio de servizos múltiples, unha media de sesenta e cinco nenos en cada xornada.
Cada día o autobús cos rapaces e os monitores sae da praza do Concello ás 10:00 horas e regresa 18:00. A parada para o xantar nas instalacións das antigas escolas da Ínsua de Caión é ás 14:00. Durante toda a semana os participantes realizan moi diversas actividades lúdicas, recreativas, educativas, culturais e deportivas.
O prazo de inscrición nas actividades está aberto e deben formalizarse acudindo ao Concello da Laracha.
O obxectivo é fomentar a lectura entre os máis cativos en torno á celebración, o 23 de abril, do Día Internacional do Libro.
Os rapaces nados entre os 2003 e 2007 (ambos incluídos) que desexen participar deben formalizar a súa preinscrición como data límite o día 16 de xaneiro. Se fose necesario, entre todos os solicitantes realizarase o sorteo público para outorgar as oito prazas dispoñibles.
Cada un dos proxectos está valorado nuns 25.000 euros, polo que o investimento total situarase en torno aos 75.000 euros. O financiamento será asumido integramente polo Concello da Laracha con fondos propios municipais.
Nesta completa programación municipal inclúense propostas para case todos os días laborables, salientando a presenza dos tradicionais concursos, obradoiros infantís, espectáculos teatrais, sesións de cine, contacontos e a cabalgata dos Reis Magos.
Os catorce premios outorgados polo xurado serán entregados aos gañadores nun acto que se desenvolverá o venres da próxima semana (22 de decembro) a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura da Laracha. Consistirán en xogos e en material educativo acorde ás idades de cada un dos premiados.
A iniciativa tivo unha dobre finalidade para os rapaces: divertirse practicando esta modalidade deportiva e manter un contacto con nenos da súa mesma idade para favorecer as relacións sociais entre eles e coñecer o importarte labor que desenvolve Un Paso Máis.
Os prazos de inscrición abriranse nos próximos días.
A iniciativa ten por finalidade ofrecer unha alternativa divertida e educativa aos nenos ao mesmo tempo que favorecerá a conciliación persoal, laboral e familiar dos seus pais, xa que as actividades se desenvolverán de 17:30 a 18:30 horas.
Son obxectivos esenciais deste programa o aproveitamento do tempo libre dos veciños, facilitar a práctica de actividades deportivas entre os adultos e os rapaces, favorecer a conciliación da vida persoal e laboral das familias con nenos ao seu cargo e aprender novos coñecementos útiles para a vida diaria.